luns, 20 de abril de 2020

Eu quedo na casa/ Eu leo na casa

Bo día a todos:

Agardo que pasárades un bo fin de semana e fixérades moitas cousas que ensinarnos.
Comezamos esta semana compartindo con vós  un dos libros que nos ensina o profe Jose sobre o coronarius.
Neste caso, como moitos de vós xa ledes moi ben en ingles, compartimos o libro en ambos idiomas, inglés e español.





Outro libro que atopamos  trátase dun conto co que María Coco trata de explicarnos por que non podemos saír á rúa.

Unha historia chea de amor para compartir en familia.

Premede na imaxe!




Agardamos que desfrutedes deles e xa sabedes, podedes contárnolo polo día do libro.

1 comentario: