luns, 30 de marzo de 2020

Eu quedo na casa/ Eu xogo na casa

Os nosos compañeiros/a  Andrea, de 4º de primaria, Rodrigo de 4º de primaria e Mateo de 6º de infantil, compartíron con nós algunhas das actividades que fixeron esta fin de semana.

Andrea estivo a realizar un experimento sorprendente. 
Creou unha pelota saltarina! E... como o fixo?

Pois...nun recipiente con vinagre meteu un ovo. Sí, sí, líchedes be, UN OVO!



Deixouno no vinagre dous días repousando... et voilá!!! No seguinte vídeo podedes ver o resultado!




Por outro lado, Rodrigo e Mateo andiveron pensando alternativas para reciclar parte do lixo que se vai acumulando estes días e tiveron unha gran idea. 
Por que non facer algo que lles servira para xogar nos ratos libres? Un xogo de bolos!!!!

Aquí móstrannos o paso a paso:

1º Coller os útiles e ferramentas para deixar os bolos ben chulos!





2º. Depois de sacar o papel ás botellas, decorar ao gusto.




3º. Facer a bola con periódicos  e decorar.





4º. Facer o cadro de rexistro de tódolos participantes que haxa na casa.



5º. A xogar en familia e a divertirse!!!!



E a vós que se vos ocurriu para xogar na casa???


1 comentario: