xoves, 26 de marzo de 2020

Receitas saborosas/ Eu quedo na casa/ Mensaxe especial

Hoxe Xoel Varela, de 6º de infantil, quixo unirse a compartir dende o seu fogar unha mensaxe para os seus amigos e amigas do cole: 
Bótavos moitísimo de menos e que en canto vos vexa daravos a tod@s un abrazo piña!!!!

Cóntanos que leva o día a día con alegría, facendo moitas cousiñas que hoxe quere compartir con todas e todos nós:

1º. Uns enlaces ás seguintes páxinas:
- https://www.savethechildren.es/marcela-la-inventora-de-palabras onde podemos visualizar ou descargar un fermoso conto en distintos formatos, vídeo, audioconto, en linguaxe de signos, lectura fácil...

https://www.es.amnesty.org/derechos-humanos-familia/ que contén unha morea de actividades, xogos, vídeos, contos....para desfrutar en familia e, á vez, coñecer os dereitos humanos que nos corresponden a todas as persoas do mundo.

2º. Tamén cóntanos que non perde a súa forma física dado que tódalas tardes fai exercicios de ioga e ximnasia saudando ao sol! E comparte con nós algúns dos exercicios para que os fagamosnós tamén dende os noso fogares.



3º E ademais, mandounos a receita dunhas madalenas que soen facer no seu fogar e que nos abre o apetito nada máis velas. Mirade!




E vós, que ides preparar hoxe de merenda???? Compartídeo con nós!!!


Moitas grazas Xoel e familia polas vosas aportacións e por esa rica receita!!! 

Un abrazo piña virtual para tod@s vós.


1 comentario: