venres, 27 de marzo de 2020

Receitas saborosas: Palmeritas de xamón e queixo

Hoxe pasámonos ao salgado cunha sinxela pero riquísima receita para que os peques ( e non tan peques) da casa desfruten unha merenda diferente.


RECEITA DE PALMERITAS DE XAMÓN E QUEIXO:  PASOS A SEGUIR


1º. Preparamos os ingredientes ( pódese poñer fiambre de pavo en lugar de york se preferides)



2º Estiramos a masa sobre o papel de forno



3º Colocamos as lonchas de queixo e xamón ( Outra opción é poñer antes na base de hojaldre un pouco de salsa de tomate ou tomate triturado e un chisco de orégano para darlle máis sabor)



4º Enrolamos a masa dende ambos extremos ata o centro e cortamos rodajas de 1 cm ou 1,5 cm




5º Cun pincel pintamos as palmeiras con ovo batido e deixamos cocer no forno uns 15-20 min a 170º




6º Deixar enfriar e a merendar!!!

2 comentarios: