luns, 30 de marzo de 2020

Día do Libro infantil e Xuvenil



O vindeiro xoves, 2 de abril celébrase o Día do Libro infantil e xuvenil, data en honor a Hans Christian Andersen (que naceu nesta mesma data no ano 1805), creador de contos para nenos e nenas que seguro tod@s nós coñecemos como "O patiño feo", "A sirenita" ou "O soldadiño de chumbo".



Este autor deixou un gran legado que moitos outros autores e autoras siguen, polo que desde o Recuncho de Nuno gustaríanos que todos e todas vós compartísedes cales son os vosos libros infantís favoritos.

Podedes mandarnos o voso nome e o título do voso conto preferido, unha fotografía vosa co libro, un vídeo explicando cal ou cales son as vosas lecturas preferidas e así podemos compartilas entre todos.

Agardamos as vosas recomendacións!!!


1 comentario: