luns, 2 de marzo de 2020

Vindeira conmemoración..... Día Internacional da Muller.

No CEIP P. A Cristina xa nos puxemos mans á obra para conmemorar unha data moi especial (e tamén moi necesaria) do noso calendario escolar, o Día internacional da Muller; data que conmemora a loita das mulleres por participar en igualdade de condicións co home e facer valer os seus dereitos.

As orixes deste día datan de 1910, cando un grupo de mulleres de 17 países reuníronse en Dinamarca con dous motivos: fortalecer o avance na igualdade de xénero e a defensa dos dereitos das mulleres e impulsar a universalidade do voto feminino. Grazas a dito acto o Día Internacional da Muller celebrouse por primeira vez o 19 de marzo de 1911 en Alemania, Austria, Dinamarca e Suíza, con mitins aos que asistiron máis dun millón de persoas que esixiron para as mulleres o dereito de voto, o dereito de ocupar cargos públicos, o dereito ao traballo, á formación profesional e á non discriminación laboral.




En España, o 8 de marzo de 1910 ten tamén unha significación especial, pois a partir dese día a muller puido acceder ao Ensino Superior en igualdade de condicións que o home, aínda que a conmemoración do 8 de marzo como día da muller non se comezou a celebrar no noso país ata o ano 1936.


Un curso máis queremos dar a coñecer, dende o noso centro, a grandes mulleres da nosa cultura. Pronto... ofrecerémosvos máis información.

Mentres agardamos polos resultados dos magníficos traballos podedes botar unha ollada na exposición de lecturas sobre esta temática que tedes á vosa disposición na entrada do centro para ler en familia.
Algunhas das lecturas recomendadas que podedes atopar son as seguintes:






Ademais podedes mandar moito ánimo e pensamentos positivos ás nenas e nenos de 4º de primaria que levan traballando moitas semanas na súa ilustración coa que participarán no concurso de deseño do Cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller convocado pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e a Secretaría Xeral de Igualdade.

Moita sorte chicas e chicos, sodes uns artistas!!!





1 comentario: