venres, 27 de marzo de 2020

Eu quedo na casa/ Eu leo na casa

Hoxe queremos compartir con vós  unhas aportacións moi interesantes de distintas editoriais.

Unha delas ven da man da editorial Kalandraka. Trátase da iniciativa Contos contados, onde poderedes visualizar moitos dos vosos contos preferidos que as profes de infantil nunca se cansan de contarvos como por exemplo A cebra Camila, Coelliño branco... 

Agardamos que os desfrutedes premendo na imaxe ou aquí:



Outra proposta que queremos que coñezades a facilitan uns personaxes moi queridos na nosa biblioteca, Os Bolechas. Na súa páxina ademais de ter unha canle de tv tamén atoparedes moitos dos seus libros para descargar, xogos e moitas outras propostas didácticas. Seguro que vos encanta!!!!
Premede na imaxe ou aquí:




E finalmente tamén queremos poñer hoxe á vosa disposición a canle de youtube da editorial OQO, na que podedes desfrutar de moitos contos e curtas que tantas veces nos pedides no cole. Premede na imaxe ou aquí:





1 comentario: