Benquerido alumnado e familia:
Tendo en conta a crise sanitaria que todos e todas estamos vivindo neste momento, dende o recuncho de Nuno queremos compartir con vós unha serie de recursos co fin de explicar aos máis pequenos dunha forma sinxela e clara que é un virus, como xestionar as súas emocións así como hábitos de hixiene que hoxe máis que nunca debemos empregar para frear a súa transmisión.
A continuación compartimos con vós un conto elaborado pola Sección de Psicoloxía Clínica, da saúde e psicoterapia do Colexio oficial da Psicoloxía de Madrid titulado Rosa contra el virus.
Outro breve conto titulado COVIBOOK pode servir como unha ferramenta dende a fantasía e o simbólico para acompañar o mundo emocional infantil frente ao covid-19 que podedes imprimir para colorear e ter o libriño sempre á man.
Tamén queremos divulgar un documento publicado dende o Hospital Infantil Universitario Niño Jesús, da Comunidade de Madrid, no que ofrecen unhas pautas e orientacións para que axudedes aos vosos fillos e fillas a comprender a situación na que nos atopamos.
10 FORMAS DE AYUDAR A LOS NIÑOS A AFRONTAR EL BROTE DE COVID-19 Y EL AISLAMIENTO EN CASA
E finalmente, compartimos con vós unha canción dos Lunnis que pode axudar aos nenos e nenas a lembrarlles a importancia de lavar as mans para evitar moitas enfermidades.
Sen máis, queremos mandar moito ánimo e paciencia, así como moita ilusión e calma para que pronto podamos voltar de novo á normalidade.
E xa sabedes, se queredes que publiquemos algún tipo de contidos que nos faga a quedada na casa máis levadeira poñédeo nos comentarios ou no correo electrónico ceipacristinabiblioteca@gmail.com ! Seguiremos en contacto!
Gracias!!!😍😍👌👌👌👏👏👏
ResponderEliminar