xoves, 26 de marzo de 2020

Receitas saborosas- Eu leo na casa

Tamén Noa Otero Mella, de 6º de infantil, e a súa familia queren compartir con nós un libro moi especial e unha receita  moi saudable e divertida que pon o mellor broche final a esa lectura.


Trátase do libro "Necesito un abrazo" que nos conta a historia dun ourizo que,  ao igual que todos e todas nós, precisa unha aperta chea de cariño.

Conseguirá este ourizo algún día o achuchón que se merece? 

Mirade, mirade....






Despois desta fermosa lectura, por que non tomamos todos a nosa merenda igual á de Noa?



Receita de Ourizo de froitas: 

1º Lavamos ben as froitas. Cortamos o seu rabiño e os amorodos pola metade. Pelamos a cabeza da pera.




2º Ensartamos os amorodos nos pinchos e colocámolos no corpo da pera. Para os ollos podemos poñer dous anacos de chocolate como Noa, mmmmmm.....



3º. Comer o ourizo enteiro mesturando os deliciosos sabores. Que rico!!!!!


Moitas grazas familia, por esta deliciosa receita e pola fermosa lectura de hoxe.

2 comentarios: