sábado, 28 de marzo de 2020

Unha comunicación especial

Durante este tempo de confinamento nos nosos fogares, todos buscamos unha forma de estar en contacto c@s nos@s amig@s e familiares, a través de redes sociais, videochamadas, telefónicamente... pero hai outras persoas que aínda van máis aló.

Este é o caso de Lucía e Claudia , de 1º de primaria, que atoparon a forma de seguir en contacto en persoa sen que a distancia sexa un impedimento; só precisan dos seus pulmóns a pleno rendemento!!!.

Tan ben lles resultou a fórmula que ata pasan parte do día repasando o aprendido co seu profe Jose. 😄😄😉


Mirade, mirade:




E vós, como seguides en contacto cos vosos seres queridos? 

1 comentario: