Xa comezaron a chegar cousiñas moi lindas, desas que chegan a tocar a nosa parte máis sensible do corazón; porque esa é unha das grandes virtudes da poesía, "chegar ao máis fondo de nós". Pero ademais, nesta ocasión, cun tremendo toque de bo humor (que moito precisamos nestes días).
Quero abrir o maratón da Poesía con Carmen de 1º de Ed. Primaria, unha gran lectora e unha visitante leal do noso Recuncho preferido durante os recreos, xunto co seu titor, Jose, que quixo facer un guiño moi especial aos seus nenos e nenas aínda na distancia.
Grazas Jose e Carmen (e familia!) por participar e facernos a noite e o día máis alegres e divertidos!
E xa sabedes, se vós tamén queredes participar, poñédevos en contacto con nós a través do correo da biblio.
Unha aperta grande!
👏👏👏👏
ResponderEliminar❤️
ResponderEliminar