martes, 24 de marzo de 2020

Outra estrela cruzou o arco da vella

Hoxe, Mateo e Rodrigo quixeron facerlle un pequeno homenaxe a Albert Uderzo , o ilustrador e tamén guionista dos, moi coñecidos e queridos por nós, cómics de Ásterix e Obélix.

Polo que compartimos con vós ese bonito detalle destes alumnos e lectores e unha lectura para que todos nós a desfrutemos dende os nosos fogares.






Unha gran parte desta gran estrela quedará nos corazóns e lembranzas de moitas xeracións de todo o mundo.

Moitas grazas polo teu traballo Uderzo!

2 comentarios: