luns, 16 de marzo de 2020

Eu quedo na casa/ Eu leo na casa

Dende o recuncho de Nuno unímonos a esta iniciativa para que cada día sigamos mantendo a hora de ler, polo que diariamente subiremos un videoconto para que desfrutedes pequenos e grandes dende os vosos fogares.

No seguinte vídeo atoparedes unha divertida proposta para hoxe:






 Se vós queredes contar os vosos contos preferidos e compartilos con todos e todas nós, podedes pedir axuda aos vosos maiores para que vos axuden a facelo gravándoo en vídeo e mandalo á seguinte dirección de correo : ceipacristinabiblioteca@gmail.com ,
así como tamén podedes facer debuxos sobre os contos que vedes cada día, mandárnolos co voso nome e publicarémolos ao día seguinte.
ANIMÁDEVOS!

2 comentarios:

  1. Moitas gracias por seguir con nos dando ideas novas!!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois animádevos se tedes tempo! Unha obriña de teatro, unha canción, unha representación dun conto... todo é benvido!!!

      Eliminar