mércores, 18 de marzo de 2020

21 de marzo- Día da Poesía

Como ben sabedes, o vindeiro sábado 21 de marzo é o Día da Poesía.





Debido aos acontecementos que estamos vivindo gustaríanos seguir celebrando esta data coa vosa colaboración dende as casas.

Que como podedes colaborar? 

Pois moi doado! Gravádevos recitando algunha poesía: podedes facelo en familia, empregando disfraces, bonecos ou títeres...  deixámovolo a vosa elección!

Logo, enviade o vídeo ao correo da biblio: ceipacristinabiblioteca@gmail.com (ou mandáde unha mensaxe se  é moi longo e non o deixa adxuntar) e o domingo poderemos vernos todos e todas de novo a través deste blog.

Non faltedes á cita, algúns mestres e mestras que tamén pasan pola nosa biblioteca a miúdo queren unirse a nós!

2 comentarios: